Este mes de xuño volverá o Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros
AMariñaXa
Este mes de xuño volverá o Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros e que este ano chega a súa décima edición
1 Xuño 2023
Este mes de xuño volverá o Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros e que este ano chega a súa décima edición e celébrase o día 10.
A festa comezará pola mañá co seu tradicional mercado de artesanía seguido por unha escenificación do Rei Silo e ás 13.00 horas será a misa na honra a Santo Estevo.
Despois haberá unha actuación do Arco da Vella e de un grupo folk tradicional, máis tarde haberá outro espectáculo musica. Tamén contarán coas vodas celtas e a queimada con conxuro.
Os asistentes poderán desfrutar dun xantar no que haberá porco e año ao espeto e unha cea a base de sardiñas. Todo elo por 20 euros por persoa. Para asistir ao xantar e a cea será necesaria a previa reservar chamando ao 679 455 109.