Este mes a música protagoniza boa parte das actividades da Casa de Cultura de Vegadeo

AMariñaXa
Este mes a música protagoniza boa parte das actividades da Casa de Cultura de Vegadeo con concertos que animarán á veciñanza.
concertos xuno vegadeo 1
1 Jun 2022

Este mes a música protagoniza boa parte das actividades da Casa de Cultura de Vegadeo con concertos que animarán á veciñanza.

Así, Akin & The Afrobeat Brothers actuarán o venres 3 ás 21.00 horas, Chiki Lora o domingo 5 ás 18.00 horas e Calea o venres 17 ás 21.00 horas. Todos os concertos son con entrada gratuíta.

Akin & The Afrobeat Brothers é banda creada no 2015 polo músico africano Samuel Akinola Ogunmola, percusionista, cantante e saxofonista. A súa proposta leva en constante evolución ao Funk e Afro Jazz por novos camiños que se fusionan dentro do Afrobeat.

Os Afrobeat Brothers son o cubano Boris Abreu ao saxo, Manu Cuervo ao baixo, Álex Alvarez á guitarra, Antonio Izquierdo á guitarra e Luismi García á batería e percusión. Seis membros que dan corpo a este proxecto avalado por grupos de culto na escena asturiana como Koniec, Cuac, Yorubatukada, Bionic Tempo, De Modisc, Salón Dadá, ou Vigil.

Chiki Lora deuse a coñecer como fundador, guitarrista, compositor e voz de Canteca de Macao. Desde o ano 2016 comeza unha carreira en solitario fusionando distintos estilos, do rock á rumba pasando polo reggae ou a salsa para crear un son cálido, propio e característico.

Calea nacen da unión de Silvia Quesada con L- R (Leticia Baselgas e Ruben Bada) coa intención de recuperar cantares e sons tradicionais asturianos tamizados polo coñecemento e a experiencia de tres grandes da música asturiana.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10570287704468