Este mércores rematarán os días de natureza do Vicedo

AMariñaXa
Coa chegada do verán chegan os xa tradicionais mércores de natureza do Vicedo con rutas en kayak e paddle surf
mercores natureza vicedo
30 Ago 2021

Este mércores 1 de setembro rematarán os mércores de Natureza organizados no mes de xullo e agosto. Nesta ocasión realizaremos unha derradeira actividade de kayaks descendendo o río Sor a primeira hora da tarde.

O punto de encontro será o porto do Vicedo as 16 horas dende onde partirán en furgonetas cara Ribeiras do Sor. Unha vez alí comezará o descenso de volta cara o porto do Vicedo.

O prezo da actividade é de 17 euros por persoa e terá unha duración media de dúas horas.

mercores natureza vicedo 1
0.19355583190918