Este domingo volve o Mercado dos Domingos de Ribadeo cunha nova edición do Día do produto local
AMariñaXa
O Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo volve e será en horario de 9 a 14 horas.
14 sep 2023
O próximo 17 de setembro volve o Mercado dos Domingos de Ribadeo cunha nova edición do Día do produto local.
Unha xornada para poñer no centro os alimentos de proximidade, reducir a pegada ecolóxica e fomentar a ecomonía local.
Contarán con música en directo e cunha serie de actividades para poñer a proba o coñecemento sobre os alimentos cultivados no noso territorio.
Ao rematar terán un sorteo dunha cesta de produtos locais, co obxectivo de alentar o consumo de alimentos de proximidade.