Este domingo o pavillón polideportivo do Valadouro acollerá unha festa de Samaín

AMariñaXa
Este domingo 30 de outbro o pavillón polideportivo do Valadouro acollerá unha festa infantil de Samaín. Será a partir das 16.00 horas
1 samain valadouro 2022
28 Out 2022

Este domingo 30 de outbro o pavillón polideportivo do Valadouro acollerá unha festa infantil de Samaín. Esta cita terrorífica será a partir das 16.00 horas e contará con varias actividades.

Así, poderase desfrutar de pintacaras, photocall, unha merenda e un magosto e tamén de maxia e lume.

Xa a partir das 20.00 horas será o espectáculo familiar Quen ten cú ten medo.

samain valadouro 2022
0.073917150497437