Este domingo celébrase unha nova edición do Mercado dos Domingos

AMariñaXa
Este domingo 11 de setembro a contorna da praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha nova edición do Mercado dos Domingos.
1 Mercado dos domingo ribadeo 2022 setembro
9 sep 2022

Este domingo 11 de setembro para celebrar o Día do Produto Local, a contorna da praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha nova edición do Mercado dos Domingos.

Dará comezo ás 11.00 horas coa exposición de produtos da horta da man do CEFEA Pedro Murias de Ribadeo, e acto seguido haberá unha actividade para aprender a crear e coidar o horto.

Xa ás 12.30 horas haberá unha degustación de diferentes variedades de tomates e pementos e máis tarde a música country de Hoot n'Holler amenizará o mercado.

Mercado dos domingo ribadeo 2022 setembro
0.10256195068359