O I Concurso de quebracabezas de Sante, en Trabada, queda adiado por mor do incendio

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo acollerá o 1º Concurso PuzzlEO RibadEO para colocar ao pobo no mapa puzzlero desta afición.
puzzle quebracabezas
14 Out 2023

O I Concurso de quebracabezas de Sante, en Trabada, ía ter lugar este domingo, mais o incendio fixo que os organizadores decidiran adiar este evento para o vindeiro 22 de outubro.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do formulario de inscrición da web de Aepuzz. O prezo é de 18 euros por parella, con desconto de 3 euros por persoa socia de Aepuzz. Hai 60 prazas. Para calquera consulta haberá que escribir un correo electrónico a hola@doctorpanush.com.

Este evento está organizado pola tenda especializada en quebracabezas e xogos de mesa Doutor Panush así como coa colaboración da Asociación de Veciños de Sante e AEPUZZ (Asociación Española de Quebracabezas) e o patrocinio da marca Jumbo.

I Concurso de Puzzle de Sante
0.13494396209717