Este domingo celebrarase a XXV ruta equina de A Medela de Xove
Os cabaleiros da Asociación Equina a Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV ruta cabalar que será o domingo día 17 de marzo de 2024.
O programa de actividades comezará ás 10.00 horas coa saída ao campo da igrexa de Sumoas, pasando pola Lagüela, contorna da Praia de Lago, contorna dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída.
A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas servido pola Pulpería Mario.
Rematado o xantar, todos os asistentes van desfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos.
Para todas as persoas que queiran inscribirse, o poderán facer ata o 13 de marzo (incluído), cun custo de 30 euros por persoa.