Este domingo arredor de 400 piraguistas competirán na travesía de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Aug 2019

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina a 57 edición da Travesía Náutica de Foz, que este domingo, 25 de agosto, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.

A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos,  todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.

O delegado aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que obtivo a medalla de ouro no campionato galego infantil e de bronce na cita nacional).

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18398904800415