Este domingo 19 será a XXIV Ruta Cabalar da Medela de Xove

AMariñaXa
A asociación equina A Medela de Xove informou que xa teñen data para a súa ruta equina e que será o domingo día 19 de marzo de 2023.
ruta equina Asociacion a Medela Xove
17 Mar 2023

Este domingo 19 de marzo será a XXIV Ruta Cabalar organizada pola asociación equina A Medela de Xove. A xornada comezará ás 10.00 horas con saída dende o campo da igrexa de Sumoas para admirar as paisaxes de Xove.

Máis tarde e no medio da ruta haberá uns pinchos para os participantes, ao que seguirá un xantar popular nunha carpa instalada no campo da igrexa. Estará servido por Pulpería Mario e manizado por un grupo musical aínda por confirmar. Tamén haberá sorteo de agasallos.

XXIV Ruta Cabalar Medela Xove 2023
0.1549928188324