Estase a mellorar a zona de xogos infantís do parque de San Francisco de Ribadeo

AMariñaXa
O grupo popular de Ribadeo denuncia a situación de total abandono do parque San Francisco por parte do goberno do BNG
2023 xogos parque San Francisco viveiro
29 sep 2023

O Concello está a realizar tarefas de mellora no parque de San Francisco na zona de xogos infantís, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.

O edil explicou que “procedemos a retirar a araña do parque de San Francisco, tan solicitada polos veciños. Tamén se aproveitará para realizar o arranxo dalgúns xogos, que así o demandaban, ao igual que oito alcorques, e a reposición de zonas de caucho”.

Diego Dos Santos contou que “as obras teñen un prazo de execución dun mes e pode ser que algún día o parque estea pechado completamente polos operarios, polo que pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar”.

0.1134672164917