Estase a cambiar o alumeado de Vilaselán por tecnoloxía led
AMariñaXa
O Concello de Ribadeo está acometendo obras no alumeado de Vilaselán, onde cambia as luminarias existentes por outras de tecnoloxía led.
24 Ago 2021
O Concello de Ribadeo está acometendo obras no alumeado de Vilaselán, onde cambia as luminarias existentes por outras de tecnoloxía led. Deste xeito reducirase a factura da luz nun 50% e descenderá a contaminación lumínica.
As novas lámpadas contan con tecnoloxía led de 4.000 grados kelvin o que axudará a descender as emisións de efecto invernadoiro. E tamén reducirase a contaminación lumínica da zona cun sistema de iluminación máis eficiente e con mellor rendemento. Nesta primeira fase teñen previsto cambiar unhas 130 luminarias na parroquia de Vilaselán.