Estanse a levar a cabo traballos de mellora na rede viaria do lugar de Gondrás, Cervo

AMariñaXa
A renovación das pistas de atletismo das instalacións deportivas da Veiga xa están un pouco máis preto de estar rematadas.
21 Dec 2023

O Concello de Cervo está a executar estes días traballos de mellora na rede viaria do lugar de Gondrás, en concreto estarse a actuar sobre o camiño que une a zona de Verdellas con Saltos "facéndoo máis cómodo, seguro e accesible para a veciñanza".

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos, en compañía do pedáneo de zona, Francisco Pinín.

A actuación, tal e como explicou a alcaldesa, abrangue unha superficie de 1250 m2, e contempla a reparación do firme co que conseguimos "mellorar a seguridade tanto do tráfico peonil como rodado". Ademais, procederase a facer unha limpeza dos canos para facilitar o discorrer das augas pluviais.

A obra supón un orzamento de preto de 50.000 euros -47.892,05 euros concretamente- procedentes das arcas municipais e responde á filosofía que perseguimos desde o goberno de ir potenciando o noso rural, equilibrándoo coas zonas urbanas "con infraestruturas de calidade para a veciñanza e tamén para impulsar o establecemento de novas familias".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17592787742615