Estanse a levar a cabo actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Ouro, en Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Foz rematou as obras de rehabilitación da escollera da marxe esquerda da desembocadura do río Ouro
treitos interurbanos do río Ouro, en Alfoz 2024
26 Mar 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Ouro, no concello de Alfoz.

Estas tarefas desenvólvense nunha lonxitude de 1,3 quilómetros, no percorrido deste río polos parroquias de Carballido e de Bacoi.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río Ouro quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións permiten a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

0.1953501701355