Estanse a desenvolver actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, en Cervo

AMariñaXa
Comezouse a conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo.
limpeza treitos XUNCO CERVO Imaxes
12 Feb 2024

Comezouse a conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo. Estas intervencións estanse a desenvolver nos percorridos destes ríos ao seu paso polas parroquias de San Román de Vilaestrofe, Sargadelos e Cervo.

As actuacións desenvólvense en distintos treitos que suman unha lonxitude total que acada os 3,7 quilómetros.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección.

Os traballos contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

0.09276294708252