Estabilizada a situación da covid na comarca
A provincia de Lugo polo bo camiño co descenso dos casos activos, 20 menos que onte (onte foron 15) o que supón un total de 571. Este dato vén condicionado coma sempre polos 25 novos positivos (onte houbo 16) e polas 43 altas das últimas 24 horas (onte foron 35) Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.577 e 5.866 curados.
Aínda que os novos positivos remontan a tendencia continúa á baixa. Na parte máis negativa, comunicouse o falecemento de dúas persoas máis, unha delas un residente do centro vilalbés, polo que xa son 139 os que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.
A hospitalización estabilízase con catro persoas na UCI. Mentres, na planta do hospital de Lugo baixan os ingresados a 14 (5 menos). No da Mariña xa son 5 os ingresados (1 máis que onte) a seguen 4 no de Monforte.
Por concellos, na Mariña só Burela chega aos dez casos novos nos últimos 14 días segundo os datos do Sergas, tras a baixada dos últimos días de Burela e Foz. Ademáis, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.
COMITÉ CLÍNICO
O comité clínico reuniuse de novo hoxe para valorar a situación da pandemia en Galicia, e, debido á melloría dos datos, decidiron que o municipio de Lugo pase ao nivel de incidencia media, o que implica, polo que poderá abrir toda a hostalería ao 40% no interior e ao 50% máximo en exteriores ata as 23 horas.
Tamén se permite consumir xuntos ata 6 non conviventes. Nos fogares as reunións pode ser de ata 6 non conviventes. Pola contra, seguirán vixentes as restricións de mobilidade.
O aforo nos comercios de toda Galicia permanecerá como ata o de agora, ao 50%. Tampouco haberá cambios no transporte público e mantense o toque de queda ás 23 horas.