Esta noite arrinca a IX Festa Castrexa Burela

AMariñaXa
Burela volve ao seu pasado castrexo da man da súa histórica festa e que retorna tralo parón pola covid e que comezará na noite de 23 de xuño.
1 festa castrexa burela 2022
23 Xuño 2022

Burela volve ao seu pasado castrexo da man da súa histórica festa e que retorna tralo parón pola covid e que comezará na noite de hoxe 23 de xuño.

A festa temática, que chega a súa novena edición, acenderá o lume novo e contará con sardiñas e churrasco, pois celebrase tamén a fogueira de San Xóan fronte á praza do Concello.

As racións de churrasco e das sardiñas serán a 7 euros ou a 5 si se merca o ticket de maneira anticipada. Os tickets estarán á venda na óptica Alain Affleou e en Gráficas Arfe e pola noite haberá música a cargo dun DJ.

Tamén haberá un sorteo de lote de produtos de carne entre todos os asistentes así como atraccións de festa durante todo o día.

A festa castrexa propiamente dará comezo a noite do día 24 cos espectáculos na praza do Concello ás 13.00, 17.00, 19.00 e 00.00 horas que contarán con malabares e lumes.

Ás 14.00 horas haberá unha actuación da orquestra La Bamba para amenizar a sesión vermú, e despois serán os xantares castrexos nunhas carpas instaladas na praza do Concello e os restaurantes da vila contarán con menús castrexos para levar e consumir na propia praza.

Xa ás 19.00 horas será a xuntanza dos Clans Castrexos de Burela e a asignación dos dorsais para participar no Xogos Castrexos e na Busca do Torques.

Máis tarde a Escola de Música actuará na praza do Concello e ás 22.00 horas haberá unha representación teatral de temática castrexa seguida dunha queimada popular ás 23.00 horas que será o preludio á música de La Bamba.

A xornada do sábado 25 comezará coa celebración dos Xogos Castrexos ás 11.30 horas na praia do Portelo, aos que seguirán unha pandereitada na praza do Concello ás 13.15 horas, a sesión vermú Los Coleguitas e o xantar castrexo.

A busca dos Torques dará comezo ás 18.00 horas e durante todo o día haberá espectáculos na praza do Concello ás 12.45, 17.00, 19.00 e 22.00 horas.

Pola noite porá o fin de festa a música ás 22.00 horas o grupo musical J.M. Cuartet e Los Coleguitas.

0.18893313407898