Esta noite alumearase de amarelo a porta de Carlos V
AMariñaXa
O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela esta noite a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra hoxe.
27 Mar 2021
O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela esta noite a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra hoxe, 27 de marzo, expresando desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.
Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Asociación Querendo. Mulleres con Endometriose, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de cor amarela.
A cor amarela é a representativa desta enfermidade e o Concello súmase á iniciativa obxectivo de dar visibilidade a esta doenza, que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil (unhas 60.000 galegas).