Esta fin de semana terá lugar un novo Roteiro Avelino Díaz

Esta fin de semana terá lugar a undécima edición do Roteiro Avelino Díaz, organizado pola asociación que leva o seu nome.
Así o sábado 30 remata o mes con música, na praza Maior, nos Cabanóns se chove, ás 20.00 horas coa actuación de Asociación Cultural de Andrade, de Vilalba. Logo, haberá unha cea reivindicativa por Avelino Díaz na Tapería Arguiñano, ás 22.00 horas. A cea ten un prezo de 20 euros e ten como finalidade reivindicar un Día das Letras Galegas para o poeta local.
O domingo día 31 terá lugar o XI Roteiro Avelino Díaz, con saída do parque Río Barxa de Meira ás 10.30 horas cun percorrido de 9.5 km rematando na casa natal de Avelino na Órrea. Haberá petiscos variados ao final da ruta no local social de Órrea ás 14.00 horas.
Ademais será colocado un novo chanto de Avelino do escultor meirego Mano Pardo, que estará á altura do alto de Candedo. Será padriño do chanto o mestre e escritor David Otero.
As persoas que desexen anotarse á cea, á ruta ou a ámbolos dous deberán inscribirse antes do 27 de agosto por Whatsapp nos número 636 721 008 ou 647 904 828.