Esta fin de semana será o derradeiro Mercado dos Domingos de Ribadeo

AMariñaXa
Esta fin de semana será o derradeiro Mercado dos Domingos por este ano e por iso organizan unha chea de experiencias na Praza de Abastos
Mercado dos Domingos ribadeo 2
8 Out 2021

Esta fin de semana será o derradeiro Mercado dos Domingos por este ano e por iso organizan unha mañá chea de experiencias na contorna da Praza de Abastos

Comezará a xornada ás 11.30 horas coa esfollada de millo, ás 12.00 horas será a prensada e elaboración de zume de mazá e xa ao medio día poderase desfrutar da música de Erikas e Peluxías.

Tamén haberá tapiñas da horta na hostalaría da contorna polo prezo dun euro.

Mercado dos Domingos ribadeo
0.14979696273804