Esta fin de semana será a XI Camovi Gran Premio Xacobeo

AMariñaXa
A Camovi volverá celebrarse en Viveiro o 24 de abril. Así  o acordaron tras a cancelación da súa décima edición pola pandemia no 2020.
camovi presentacion Viveiro 2022
19 Abr 2022

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’.

Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.

“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou.

“O fomento do deporte e os hábitos de vida saudables son unha prioridade para o noso concello, e a Camovi é ademais unha fantástica maneira de que milleiros de persoas coñezan a beleza dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro, uns paraxes únicos que os que participan na proba poden disfrutar de primeira man”, engadiu.

“Estou convencida de que a Camovi será un éxito e desde o Concello de Viveiro seguiremos facendo todo o que esté da nosa man para apoiar esta carreira e impulsar o deporte en todas as súas modalidades”, rematou Loureiro.

0.18830895423889