Esta fin de semana, festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte, no Concello de Xove

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Abr 2019

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia na honra a Santo Isidoro os vindeiros 27 e 28 de abril.

O sábado 27 comezará coa misa solemne na igrexa parroquial seguida de procesión na honra a San Isidoro ás 13:00 horas. Logo, ás 14:00 horas haberá sesión vermú con Mayer e ás 15:00 terá lugar o xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar, os interesados deberán chamar ao teléfono 646 647 619.
Xa pola tarde ás 17:00 horas será a verbena con Mayer e Fenix. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, 1 trofeo para parella máis veterana e outro trofeo para máis nova.

Para rematar esta primeira xornada de festa, ás 19:00 horas haberá unha gran queimada co Bruxo de Cervo.

O domingo 28 de abril ás 10:00 horas terá lugar unha xuntanza cabalar e un paseo de sendeirismo dende Penasagudas á Cruz do Pao da Vella que se poderá realizar tanto a pé coma a cabalo, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

Dende a organización recordan que cada xinete participante na xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo, tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.

Logo do paseo haberá ás 14:00 sesión Vermú con José Anido, que tamén amenizará a tarde a partir das 17:00 despois do xantar, con baile e verbena.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

0.19379901885986