Esta fin de semana comezan as festas de Santa María de Lieiro de Cervo
O vindeiro sábado 1 de xullo comezan as festas de Santa Isabel de Lieiro, en Cervo, e neste día dará comezo propiamente a festa relixiosa en honra á Santa malia que os actos comezarán o venres 30 de xuño coa festa da Xuventude, a disco Móbil Conxuro e o guateque de DJ Frisco e Marcos Peón.
Os actos do día 1 comezarán ás 10.00 horas con pasacalles a cargo do grupo Mistura. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne en honra á Santa e cantada pola coral Terra Mar, e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo do grupo La Favorita.
Chegada a noite as orquestras La Favorita e Panorama amenizarán a verbena desde as 22.30 horas.
No domingo 2 os veciños e visitantes poderán participar ás 13.00 horas na misa solemne na capela do Guioncho e ao termo do acto deleitarse na sesión vermú co grupo A Roda. Pola noite a orquestra Saudade e Combo DOminicano poñerán a nota musical á verbena das 22.30 horas.
O luns 3 os asistentes poderán gozar a partir das 19.00 horas coa actuación do grupo folclórico Mistura e ás 20.00 horas cunha gran sardiñada. A degustación estará amenizada polo grupo Galilea e Tania Veiras.