Esta fin de semana celébranse as Festas á Virxe do Carme e San Antón na parroquia de Lago

AMariñaXa
A parroquia de Xove acollerá diversas actuacións musicais para o desfrute da veciñanza e das persoas que queiran achegarse
Festas-de-Lago,-Xove
17 Xul 2024

Esta fin de semana celebraranse as festas na honra á Virxe do Carme e San Antón, organizadas pola Asociación de Festexos A Granda na parroquia de Lago, en Xove.

Todo comezará o venres 19 de xullo coa gran churrascada que terá lugar a partir das 20.00 horas e seguirá coa gran verbena ás 22.00 horas coa Orquestra Super Top e Con Xurxo discomóvil.

Pola súa parte, o sábado, 20 de xullo, día dedicado á Virxe do Carme, haberá unha sesión vermú ás 14.00 horas coa Orquestra Alianza, que volverá actuar pola noite na gran verbena das festas.

Finalmente, o domingo 21 de xullo, día dedicado a San Antón, comezará a festa ás 13.30 horas coa misa solemne e a procesión, seguida pola sesión vermú prolongada co Dúo D’Caché.

0.12347412109375