Espasande de Abaixo abre as festas cunha comida popular

TerraChaXa | AMariñaXa
Será este venres nesta localidade de Riotorto, onde tocarán Salsarena, La Hora Bruja, Venus e Verónica Cambón
festas-espasande
Cartel
22 Ago 2024

A localidade de Espasande de Abaixo, en Riotorto festexa a San Bartolo desde este venres, 23 de agosto.

Arrancarán as festas cunha cea popular ás 22.00 horas, que estará amenizada por Verónica Cambón. As persoas que desexen asistir deben reservar praza con Manolo (626 655 261) ou Pepe (646 410 998).

O sábado seguirán as celebracións cun pasarrúas, a partir das 10.00 horas, a cargo dos Gaiteiros de Riotorto. Despois da misa, que será ás 13.00 horas, está prevista a sesión vermú, a cargo de Salsarena, que actuará pola noite xunto a La Hora Bruja.

O domingo volverán os actos relixiosos á mesma hora e será o dúo Venus o que actuará en dobre sesión pechando as festas pola noite a orquestra Principal.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

0.084203004837036