Esixen a convocatoria dunha xunta de portavoces para abordar as carencias da residencia de maiores de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, esixe a inmediata convocatoria da xunta de portavoces para aclarar a actual situación do funcionamento dos distintos servizos da residencia da terceira idade do municipio.
14 Jul 2019

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, esixe a inmediata convocatoria da xunta de portavoces para aclarar a actual situación do funcionamento dos distintos servizos da residencia da terceira idade do municipio.
Vega aclara que “dende o Grupo do PP atopámonos preocupados polos usuarios e usuarias; xa que o centro foi inaugurado con moito boato, pero carece de servizo de gas. Iso é unha vergoña”, engade.
Os populares pregúntanse, ante esta situación, “cantos días se seguirá proporcionando a comida aos usuarios e usuarios cun servizo de cátering que tampouco sabemos a través de que procedemento foi contratado”.
Así mesmo, recorda que “a consecuencia de non contar con gas, tampouco funciona a secadora nin a plancha do servizo de lavandería”. Nese caso, o voceiro do PP quere coñecer “quen está a realizar ese traballo e, de ser o caso, a modalidade a través da que foi contratado”.
“Esiximos respostas. O señor Suárez debe dicir con claridade cal é a situación da residencia e tamén cantas traballadoras se foron a día de hoxe para saber se cumpre o ratio de traballadores por usuario”, segundo considera o popular. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16553902626038