Escollidas as fotos gañadoras do concurso do Día do Pai de Ribadeo
Xa se coñecen os nomes dos gañadores do XI Concurso Fotográfico Día do Pai, organizado por Acisa Ribadeo. A presentación de traballos no facebook da asociación tivo lugar do 6 ao 19 de marzo así como as votacións das imaxes.
O primeiro premio co título Que a vida nos acompañe toda a vida xuntos, é para Ricardo López Fernández por unha fotografía feita na Lira. O gañador levará unha cámara fotográfica FHD HDR-AS50 B Black Sony valorada en 250 euros. O segundo premio co título Papá é o mellor mestre é para Igor Rodríguez Gómez por unha fotografía feita no bar Galicia. Recibirá 60 euros en vales de compra de Acisa. E o terceiro premio co título De tal pai, tal filla é para Antía Vázquez Gómez por unha fotografía feita en Galipizza. Será obsequiada con 40 euros en vales de compra de Acisa.