Escollen aos gañadores do sorteo de comerciantes da Pontenova
A recén creada Asociación de Comerciantes da Pontenova, cunha clara promoción, apoio e incentivación do sector do comercio local do municipio, vén de pechar unha das súas primeiras actividades, o sorteo, en colaboración co Concello da Pontenova, de 1.500 euros en vales de compra para gastar nas tendas asociadas e que se desenvolveu este Nadal. Trátase de 30 vales de 50 euros.
Nun acto dirixido polo presidente asociación, José Luis Balseiro, e o alcalde da localidade, Darío Campos, escolleuse aos gañadores do sorteo.
Esta asociación, que conta xa cunha trintena de membros ten previsto continuar coas súas actividades que consistirán en facer un video promocional, e ademais preparar un logotipo que serva para facer bolsas recicladas e así facer máis visible ao colectivo e o municipio.