Escolares de San Cosme levan o seu filme ata o Festival Kolibrí de Bolivia

AMariñaXa
O filme Os ollos do mar, dirixida e filmada polos nenos do CEIP San Cosme de Barreiros, viaxará ata Bolivia ao Festival Kolibrí.
ceip san cosme barreiros
25 Out 2021

O filme Os ollos do mar, dirixida e filmada polos nenos do CEIP San Cosme de Barreiros, viaxará ata Bolivia ao Festival Kolibrí. Durante máis de 6 días o filme proxectarase en colexios e institutos de todo o territorio.

A través de paisaxes, retratos e conversacións con mariscadores e percebeiros, pódese descubrir a localidade costeira de Rinlo, e ao mesmo tempo a dureza dun modo de vida, a nostalxia do pasado, o respecto cara ao mar e o amor polo oficio.

Para facer a fase de documentación "tivemos que facer moitas chamadas. Chamamos ás cofradías de Ribadeo, Burela, Foz e Viveiro. Lanzamos mensaxes de colaboración en redes, preguntamos nos concellos e contactamos con mariscadoras en activo e xubiladas. Por último, demos coa asociación veciñal O Cantal, que fixo un labor imprescindeble na nosa película", dixo outro alumno.

Os pequenos quedaron encantados co traballo feito, "o que máis me gustou foi a parte do rodaxe, aprendín moito de como utilizar unha cámara e un equípo de son", dixo un neno, "escollimos esta historia porque queríamos filmar traballos antigos que se están perdendo e, tendo en conta onde vivimos, que estén relacionados co mar".

"O traballo en equipo foi outro dos aspectos reforzados xa que non sempre é sinxelo chegar a acordos: temos puntos de vista moi diferentes, e non nos gusta dar o brazo a torcer. Participando neste proxecto aprendimos a consesuar", engadiu outro.

Os ollos do mar é unha película de Abril Díaz, Tania Gutiérrez, Jennifer Leal, Felipe Martín, Gadea Quintana, Aarón Rodríguez, Fernando Seco, Zaira Veiga, Armando Ventoso co acompañamento da mestra Vanessa Bello e do cineasta Xacio Baño.

0.23211717605591