Escolares da Mariña participan nas xornadas de prevención de incendios de Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Jan 2020

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Protección Civil e de Educación, organiza este xoves e venres, 23 e 24 de xaneiro, as III xornadas de prevención de incendios, nesta ocasión centradas especificamente nos protocolos de evacuación dos centros escolares ante un risco de lume.

Está prevista a participación de máis de 600 escolares de infantil e primaria de diferentes colexios da Mariña convidados pola Administración local.

Os centros do municipio –o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz- serán os encargados de inaugurar as xornadas, xoves e venres respectivamente, entre as 10:00 e as 11:30 horas, coa participación da totalidade do seu alumnado nas diferentes actividades previstas na Praza do Concello e no salón de actos.

As sesións didácticas prolongaranse durante toda a mañá, desde as 10:00 ata as 13:45 horas. Programaranse  talleres  de  primeiros  auxilios,  instalarase  a casiña  de  fume  para  explicar  aos  nenos  os protocolos a seguir ante unha alerta por lume no centro, impartiranse charlas coas recomendacións a seguir en caso de incendio, proxectaranse vídeos sobre autoprotección escolar, haberá exposicións e simulacros e material didáctico de balde, entre outras actividades.

A iniciativa está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17839503288269