Escola de verán de paddle surf en Burela do 9 de xullo ao 30 de agosto

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Xuño 2019

A concellería de Medio Ambiente organiza unha nova edición da escola de verán de paddle surf, que terá lugar do 9 de xullo ao 30 de agosto.
Poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no Concello de Burela, nados entre os anos 2001 e 2009 e é obrigatorio saber nadar. As fichas de inscrición entregaranse no Concello o vindeiro luns, 24 de xuño, e o martes 25 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O 27 de xuño farase pública a lista de admitidos para cada grupo no Concello e na súa páxina web.
O número de prazas para cada un dos catro grupos é de dez, polo que en total ofértanse 40 prazas. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos.
As actividades desenvolveranse do 9 de xullo ao 30 de agosto, agás a cuarta semana de xullo e a terceira de agosto que non haberá paddle surf. Esta escola desenvolverase na praia de Portelo, ás 10:30 e 11:30 horas. O material necesario para realizar a actividade correrá a cargo do Concello de Burela.
A edil de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, presentou a escola de paddle surf esta mañá.

0.19183683395386