Escoba de Plata para o servizo de quita e pon no casco histórico de Viveiro

AMariñaXa
María Loureiro e Míriam Bermúdez recolleron en Madrid a Escoba de Plata
escoba_de_plata_viveiro
21 Xuño 2024

María Loureiro e Míriam Bermúdez recolleron en Madrid a Escoba de Plata polo servizo de quita e pon no casco histórico de Viveiro. A Escoba de Plata foi outorgada a Viveiro na categoría A da mesma por conseguir, "por un lado, retirar os contedores, mellorando a percepción xeral de limpeza, e por outro, facilitar o acceso ás recollidas selectivas, que anteriormente non se levaban a cabo nesta zona".

A tenente de alcaldesa Míriam Bermúdez sinala que "é unha honra recibir este recoñecemento ao noso labor para facer de Viveiro un sitio cada vez máis limpo e agradable para vivir". Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro explica que "no 2022 houbo un cambio no servizo de limpeza, e xa no contrato se incluía o servizo de quita e pon, desenvolto finalmente en decembro de 2023".

Este servizo está “funcionando moi ben, e a distinción que agora recibimos confirma que estamos no bo camiño e nos anima a continuar mellorando Viveiro nesta liña", engaden.

0.15902996063232