Ertes e a prohibición dos despidos

AMariñaXa
Por Díaz & Abad Abogados Estes últimos días, estamos escoitando de novo como se esta a falar dos Ertes e dos despidos.
15 Maio 2020

Por Díaz & Abad Abogados

Estes últimos días, estamos escoitando de novo como se esta a falar dos Ertes e dos despidos. Ultimamente o goberno indicou que tras un acordo cos sindicatos van a durar mais alo da vixencia de estado de alarma, isto é, ata o 30 de xuño. Loxicamente este leva consigo, a priori,  que as empresas non poidan  despedir a todo aquel personal que se veu afectado polo expediente de regulación temporal de emprego, sendo  o 2021 o umbral para poder realizar despedimentos obxetivos, dada o clausula final do decreto-lei 9/2020 pola que as empresas acollidas ao Erte, comprometianse a manter todo o personal afectado durante seis meses despois do estado de alarma.

No obstante, precisase puntualizar que  a prohibición dos despidos non e tal prohibición en si mesma considerada. Esto é despois de finalizar  o Erte, ou cando a   empresa se vaia reincorporando a sua actividade,  o empresario pode seguir utilizando o despido disciplinario, e en todo caso, o despido improcedente,  que será a vía mais utilizada. A empresa deberá pagar ao traballador se quere despedilo 33 días por ano traballado (despido improcedente) e non 20 dias (despido obxetivo). De momento, parece que si un traballador e despedido acollido a un Erte, por causas motivadas e derivadas das causas da crisis sanitaria e do estado de alarma, será improcedente, non nulo, xa que esta tipoloxía de despido, ten as suas causas tasadas,  a salvagarda da doctrina e xurisprudencia que os tribunais vaian establecendo o albor da casuística xerada e enxuiciada, claro está.

A reincorporación deberá de ser total, desde os traballadores temporais ata os indefinidos e non so os indefinidos. Os traballadores temporais  deberán de reincorporarse ao seu posto de traballo durante o periodo que lles faltaba para contemplar o seu  contrato, dende que quedou suspenso polo estado de alarma, esto e, si a día 14 de marzo, lle faltaban 15 días de traballo,  unha vez que se reincorpore,  terán que cumprir os 15  días restantes.

Ase mesmo, esta cláusula  de salvagarda das relacions laborais,  dos seis meses, parece que entrara en vigor no mesmo momento  que a empresa volva a actividade, que lóxicamente, dado o retorno gradual e a desescalada  pode ser antes do 30 de xuño, polo que estamos a espera  de que na nova regulación que se publicará se aclare este punto esencial tamén para os contratos temporais. Indique que data prevalece.

Isto é moi importante, xa que as empresas que incumplan  esta cláusula, terán que devolver  as cuotas exoneradas da Seguridade Social, podendo incluir nesta devolución,  as retribucións por desemprego dos traballadores, según fontes do propio ministerio. Especial incidencia terán aquelas empresas que incurra en concurso de acreedores derivada desta situación. En canto a exoneración das cuotas,  o goberno segue contemplando, parece ser,  a  porcentaxe de exoneración do 75% para as  empresas  en Erte de mais de 50 traballadores a finais de febreiro, o 60% para aquelas que retomen en maio a actvidade e o 45%  en xuño e para as de menos de 50 traballadores será o 100%, un 85% para aquelas que volvan a sua actividade en  mayo e un 70% en xuño de exencions. Debemos esperar a sua publicación no  BOE. Por outro lado,  temos que dicir que dende o Ministerio de Traballo se esta a  falar do “Erte Ponte”, esto e, as empresas que están pasando por un Erte de forza maior, unha vez finalizado este, polas suas circunstancias non poden afrontar a reincorporación do persoal poderán acollerse a un Erte por causas económicas, obxetivas, estructurais e de producción, e recomendaselles que falen cos sindicatos maís representativos no seu sector, a falta de representantes sindicais na empresa con anterioridade a finalización no  primer Erte por forza maior, dado que a xestión e tramitación dun Erte económico e mais complexa  e menos áxil que a do Erte por forza maior, e en maior ou menor medida require a intervención destes axentes sociais.

Esta claro, que debido a excepcionalidade da situación, teremos que estar a contemplar e a aplicar,  día a día, a normativa sobre a casuística que se vai xerando, incluindo as modificacións imprevistas que se leven a cabo.

0.22936582565308