Eólicos na Mariña, así non, terá unha xuntanza en San Cosme de Barreiros
AMariñaXa
A plataforma Eólicos na Mariña así non, terá unha xuntanza o luns 3 de xaneiro en San Cosme de Barreiros para falar sobre os proxectos
2 Jan 2022
A plataforma Eólicos na Mariña así non, terá unha xuntanza o luns 3 de xaneiro en San Cosme de Barreiros. Será unha charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca.
En concreto, falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20.00 horas da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma Eólicos na Mariña, así non, organizadora do acto, convida a asistir a tódolos veciños.