Eólicos na Mariña así non, participará na protesta simultánea de decembro

AMariñaXa
A nova Plataforma Eólicos na Mariña así non, ten convocada unha reunión para o sábado 11 de decembro ás12.00horas no Concello de Foz
eolicos asi non
22 Nov 2021

Dende a recente Plataforma Eólicos na Mariña así non, informaron que trala reunión celebrada o sábado confirman a súa participación nunha protesta para o sábado 11 de decembro que será simultánea en diversas comarcas de Galicia. Na comarca da Mariña lucense será diante do Concello de Foz ás 12.00 horas.

Así mesmo, están a elaborar un folleto no que se expliquen de maneira clara e breve as consecuencias que a implantación destes parques ten para a veciñanza.

Tamén seguirán coa estratexia de visitas casa a casa nas zonas afectadas para informar ás veciñas e veciños "da realidade que se lles ven derriba con estos parques eólicos e darlles a información o máis concreta posible", explicaron.

Piden á veciñanza que se achegue a participar e ademais calquer interesado pode contactar con eles no correo electrónico eolicosamarinha.asinon@gmail.com ou na páxina do Facebook @eolicosamarinha.asinon.

0.17212700843811