Eo Alimenta recibe o premio 'Ciudades y Pueblos que Alimentan'

AMariñaXa
Eo Alimenta recibe o premio “Ciudades y Pueblos que Alimentan”. tamén seleccionada recentemente pola Fundación Carasso
Eo Alimenta recibe o premio “Ciudades y Pueblos que Alimentan
12 Out 2022

A entrega dos premios Ciudades y Pueblos que Alimentan celebrouse en Castellón de la Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organizacións sociais adicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo o territorio estatal, servirá para visibilizar as mellores prácticas por unha alimentación sustentable, comezando por Valencia, Allariz, Granollers, Valladolid e Eo Alimenta.

Mención especial a Eo Alimenta

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía otorgou unha mención especial ao proxecto Eo Alimenta polo seu esforzo en xerar plans e accións interterritoriais, traspasando os límites administrativos das comunidades autónomas ao centrar a súa Estratexia alimentaria en torno ao río Eo e a súa bacía alimentar. Recolleron o premio Adrián Gallero, coordinador do proxecto Eo Alimenta, María Celis, produtora de Finca El Cabillón, Jonatan Estraviz, membro do grupo motor de Eo Alimenta e César Álvarez, Presidente da Asociación Interrexional InterEo e Alcalde de Vegadeo.

Nova financiación para Eo Alimenta

Pola súa banda, Eo Alimenta foi recentemente seleccionada pola Fundación Carasso para recibir o seu apoio económico e poder continuar deste xeito coa implementación de Eo Alimenta. A financiación recibida pola Fundación Carasso para os vindeiros 21 meses permitirá acometer a implementación da acción 2.3 da Estratexia Alimentaria do Eo, «Alimentos sustentables para comedores», consistente no impulso da compra responsable de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos por parte dunha selección de axentes públicos e privados do territorio.

Deste xeito, seguindo cunha metodoloxía de traballo participativa, esta proposta plantexa o traballo en dúas direccións: i) o traballo co grupo de persoas produtoras creado durante o proceso de elaboración da estratexia, para organizar la produción, seguir articulando o sector produtivo agroecolóxico do territorio e articular a oferta e distribución de alimentos para proveer aos comedores participantes no proxecto; ii) traballar cunha selección de comedores públicos (centro educativo, centro de día, etc.) e privados (sector da restauración, sector marítimo) para que inicien a compra de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos para alimentar ás súas persoas usuarias.

Desta forma, Eo Alimenta pretende contribuir a consolidar no territorio unha demanda de alimentos agroecolóxicos e de proximidade que contribúa á consolidación e a dignificación dos proxectos de produción agroecolóxica do territorio, así como incentivar o aumento de persoas e proxectos adicados no territorio á produción agroecolóxica. Por outra banda, este proxecto permitirá aumentar a capacitación e sensibilización de diversos axentes locais como son o alumnado, profesorado, familias e ANPAS de centros educativos, as persoas usuarias doutro tipo de comedores públicos, o personal laboral de cociñas locais, persoal técnico e político de administracións públicas, etc. Por último, este proxecto contribuirá a aumentar e reforzar as alianzas entre os diferentes axentes vinculados directa ou indirectamente ao ecosistema alimentario.

0.16104292869568