Eo Alimenta organiza unha sesión informativa na Pontenova
O vindeiro mércores, 15 de marzo, celébrase na Pontenova unha xornada do proxecto EoAlimenta.
A primeira hora, terá lugar a reunión do Grupo Motor, coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC e responsable do proxecto, na que se fará balance e se presentarán as actividades que conforman a nova fase do mesmo: ComerEo. Da horta á mesa.
Á reunión están convidados os alcaldes e alcaldesas que forman parte do proxecto, así como responsables das entidades colaboradoras.
Posteriormente, ás 11 horas, o xerente da reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Jorge Blanco, impartirá unha charla obradoiro sobre a experiencia de creación dunha marca de calidade de produtos da Reserva. A charla é aberta a todas as persoas interesadas.
Para participar será necesaria a inscrición e para saber máis sobre o proxecto.