Enviado a Patrimonio o proxecto de mellora dos acesos aos Castros de Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo envía a Patrimonio o proxecto co que se mellorarán os accesos na zona de Os Castros e Rocha de Vélez ata a Residencia da Terceira Idade e Centro de Día. A alcaldesa da localidade, Elena Candia, precisa “se trata dun documento de traballo feito tralas escavacións arqueolóxicas coas que se delimitaron as zonas de protección e co que se busca ter unha proposta de traballo para consensuar cos veciños e veciñas”.
O proxecto que promove o Concello, cun orzamento de 499.286,64 euros, establece a ampliación da Rúa dos Castros e da Rúa Rocha de Vélez, ata alcanzar un ancho de 5 metros, ademais da apertura dun novo tramo viario para conectalas, que se abre antes do cruce das dúas vías, para evitar así a demolición das edificacións existentes.
O trazado da rúa e a proposta de ampliación iníciase entre as edificacións do Hospital de San Pablo e la residencia de maiores, situados fronte á Alameda dos Remedios, na cal se celebran varias festas municipais, e continúa pola Rúa Os Castros ata o final da Rúa Rocha de Vélez. Previo á confluencia de ambas rúas, proponse un desvío, evitando así unha zona das rúas estreita que discorre entre edificacións. O final da actuación coincide coa conexión da Rúa Rocha de Vélez coa Travesía de Carlos Folgueira.
Con este proxecto mellorase o trazado das rúas para dotar ao centro urbano dun novo acceso directo sen necesidade de atravesar as rúas interiores da cidade, ademais de que se posibilita o acceso e a saída polo oeste da cidade cando a alameda se encontra ocupada por algún evento.
Na actualidade estas rúas son estreitas e descorren entre edificacións e un muro de pedra. Deste xeito, a execución das obras implica a ocupación dos terreos públicos colindantes nas zonas nas que se realiza a ampliación da rúa, así como o tramo de nova apertura. Ao tratarse dunha zona na que o Concello ten algunha parcela a actuación permitirá ademais poñer en valor o entorno.
O Concello pretender xerar un novo acceso ao centro da cidade dende o norte que evite o tráfico no interior do casco urbano, mellorando desta forma as condicións de seguridade e accesibilidade dos peóns e mellorando a experiencia dos visitantes que se acercan a Mondoñedo.
Con este obxectivo, ampliaranse as rúas Rocha de Vélez e Rúa dos Castros ata conseguir un ancho de cinco metros que permitirá combinar o tráfico nunha dirección co tráfico peonil e, en condicións excepcionais, os días de eventos na Alameda permitirá o tráfico nas dúas direccións.
Ademais, co fin de evitar que o tráfico se introduza no casco urbano e simplificar a súa execución evitando a demolición de varias edificacións residenciais e o encontro actual das dúas rúas, proxéctase un desvío pola parte posterior das edificacións, que permitirá habilitar un sobreancho para aparcamento de vehículos en batería, aproximadamente duns 30 vehículos.
Trátase dunha zona cunha forte pendente transversal polo que tradicionalmente levantáronse muros para conter o terreos. O proxecto prevé a construción de novos muros, en formigón armado, nos novos bordes que se xeren coa ampliación e os treitos da nova construción. Coa finalidade de mellorar a percepción estética dos muros tamén se proxecta a decoración en base a plantas de distintos tipos. Para o pavimento elixiuse o formigón desactivado que confire un aspecto pétreo adecuados ao entorno de protección patrimonial.
En canto as instalacións urbanas, prevese a actuación sobre as existentes xa que estas atópanse en perfecto estado de funcionamento. Polo tanto, as instalacións previstas redúcense á recollida de augas pluviais e alumeado público no novo tramo de unión entre as dúas rúas.