Entrevista: "Unha de cada catro persoas pode padecer problemas de saúde mental ao longo da súa vida"
Por Amanda Fernández
Falamos con María José Novoa, directora de Saúde Mental A Mariña para coñecer de preto o labor desta entidade.
Cando e con que obxectivo se creou a Asociación Saúde Mental A Mariña?
Foi creada no ano 1999 a estancias de cinco familias afectadas pola problemática da enfermidade mental crónica. Ante a escaseza de recursos nesta zona de Mariña, uniron os seus esforzos para loitar por un obxectivo común, conseguir axudas, tanto para eles como para os seus fillos, buscando a integración dos mesmos na comunidade.
A quen está dirixida a vosa actividade?
Primordialmente ás persoas que teñen trastorno mental severo e as súas familias. Actualmente temos sete centros en funcionamento neste momento, tres centros de rehabilitación psicosocial e laboral, un en Burela, un en Ribadeo e outro en Viveiro; un piso protexido, unha vivienda tutelada para mulleres víctimas de violencia de xénero con enfermidade mental, que é a única que hai na nosa comunidade, galega; e dúas residencias para persoas con tratorno mental severo, ambas ubicadas en Cervo. A última aberta en febreiro deste ano 2024 e inaugurada hai pouco, en outubro, coincidindo co mes da saúde mental.
Cales son os valores sobre os que se asenta?
Os nosos valores son os de profesionalidade, transparencia, traballo en equipo, eficacia, afecto, comprensión, implicación e seguridade. Son moi importantes para nós.
"Soemos ao ano roldar o 98 % de estabilidade clínica sen ingresos en agudos"
Que servizos ou actividades principais ofrece a asociación?
O que facemos é atender aos nosos usuarios en 5 áreas distintas: na área psicolóxica, social, prelaboral, realizadora e na área residencial.
Que programas destacaría como os máis necesarios para os usuarios?
Partimos de que a enfermidade mental crónica sen un tratamento correcto é devastadora, afecta a cada aspecto da vida de cada paciente, causando deterioro persoal, social, familiar, laboral... Entón o máis importante é, xunto co tratamento médico farmacolóxico, promover unha atención integral do paciente, no que inclúan intervencións psicosociais dirixidadas a previr a aparición doutras discapacidades ou a incidir mediante técnicas revilitadores sobre os déficits psicosociais derivados da enfermidade. Por iso non podería dicir que programa é máis importante ca outro, creo que todos os que temos en marcha son moi necesarios para o colectivo co que traballamos.
Levamos a cabo programas como poden ser habilidades sociais que permiten unha maior integración na comunidade; adestramento tamén en habilidades da vida diaria, que posibilitan unha maior autonomía funcional; psicoeducación do usuario acerca da súa enfermidade ou discapacidade; habilidades e recursos que eviten as recaídas propias da enfermidade. Aquí teño que destacar que soemos ao ano roldar o 98 % de estabilidade clínica sen ingresos en agudos e atención psicolóxica loxicamente social e prelaboral, tamén moi importante o programa de ocio e tempo de lecer, unha maneira de integrarse na comunidade. Logo, a maiores, temos moitos programas de visibilización e sensibilización como ir aos colexios, programas de teatro, de prevención do acoso escolar, pola igualdade, para previr agresividade na mocidade... Tamén dende hai un par de anos programas de prevención do suicidio, son moi importantes.
Como axuda a asociación a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental?
Creo que axuda poñendo ás persoas sempre no centro de todas as atencións, empregamos para iso un modelo de calidade de vida, de Schalock e Verdugo, das oito dimensións básicas onde cada ano a finais de ano se lles pregunta sobre cales son as súas necesidades, expectativas, se están cumpridas ou non, cal é a súa satisfacción co persoal, cos recursos que emprega, sempre para estar no camiño da mellora continua.
Iso, xunto coa integración na comunidade, así como participar en todas as actividades culturais, de sensibilización que haxa na comunidade, axudan a mellorar a súa calidade de vida e intentamos que nas residencias os fogares sexan normalizados, nada que ver cos antigos psiquiátricos. Polo que cremos que formamos parte da memoria histórica con estes lugares onde a persoa está no centro de atención e onde se lle mima e se lle ten en conta desde que entran pola porta.
"Temos moito apoio para poder manter a nosa labor"
Como é a colaboración con entidades ou administracións locais?
Teño que destacar que ao longo do ano hai moitísimas entidades que colaboran con nós, de feito, todos os centros están concertados co Sergas, á excepción da vivenda de mulleres, que funciona a través dun convenio con Política Social e Igualdade. Despois, axúdannos, propiamente dito a Consellería de Sanidade, Consellería de Política Social e Igualdade, o Plan Galego de Exclusión social, a Deputación de Lugo, Saúde mental FEAFES Galicia; o Concello de Burela, de Ribadeo, de Cervo, de Xove... Tamén as convocatorias do IRPF, os programas de cooperación da Xunta de Galicia, o Galp A Mariña Ortegal,... así como outras fundacións, temos moito apoio para poder manter a nosa labor.
"É importante saber que a enfermidade mental é como calquera outra enfermidade"
Que cifras se manexan en canto a incidencia de problemas relacionados coa saúde mental da Mariña?
Unha de cada catro persoas pode padecer problemas de saúde mental ao longo da súa vida, iso é altísimo, non podemos mirar cara a outro lado senón que temos que lanzar a premisa da importancia de coidar a saúde mental, en xeral na comunidade.
Que estereotipos arredor das persoas con algunha enfermidade mental cre que imperan na sociedade?
A forma de combatelos está en nós, na sociedade en xeral, combatelos a través da educación, da sensibilización, non hai outra fórmula. É importante saber que a enfermidade mental é como calquera outra enfemidade, non se lle di a calquera persoa que ten gripe e vai pola rúa que é un griposo. Hai comentarios que se lle din a unha persoa que ten problemas de saúde mental sen darnos conta e podemos ser calquera de nós calquera día.
"Son moi valientes, dende que se erguen ata que se deitan"
Cales son os maiores retos que afronta hoxe a asociación?
Afronta estabilizar o funcionamento da nova residencia que se abriu en febreiro deste 2024, e gustarianos abrir de cara ao novo ano próximo un novo centro de rehabilitación psicosocial laboral en Cervo.
Como pode colaborar a sociedade coa Asociación Saúde Mental A Mariña
Pode colaborar de distinto xeito, facéndose socio que serían 30 euros ao ano, tamén doazóns e temos un programa de voluntariado que é idóneo e estamos encantados porque nos axudan moitísimo a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios, a nosa razón de ser.
Que mensaxe lanzarían á sociedade e ás persoas usuarias da asociación?
Diríalles que son persoas únicas, loitadoras, que un pé atrás só para coller impulso e que son moi valientes, dende que se erguen ata que se deitan. Están loitando contra moitos obstáculos durante todo o día, obstáculos que se poñen na sociedade, na comunidade e efectos secundarios de medicacións, a veces moi potentes, e aínda así continúan e continúan. Que sigan loitando polos seus soños e que aquí estarei para apoialos sempre.