Xulia Nogueira, escola de música O Pallarego de Mondoñedo: "Un dos obxectivos é que os alumnos atopen unha fonte de recursos para a súa vida cotiá"
Por Ana Somoza López.
Falamos con Xulia Nogueira, docente da escola de música mindoniense O Pallarego que conta con 25 anos de historia nas súas costas
Quen se atopa á fronte da escola?
O director da escola chámase Xan Carballal, e contamos cun profesorado que está especializado e ten ampla experiencia docente.
Cando comezou a súa actividade?
A Escola de música de Mondoñedo comezou a súa actividades a principios do ano 1997. E na actualidade contamos con aproximadamente uns oitenta alumnos matriculados.
Quen era O Pallarego?
O Pallarego era Manuel Ledo Bermúdez un músico barbeiro que naceu no Barrio dos Muíños en 1899 e en 1997 o concello de Mondoñedo púxolle o seu nome á Escola de Música Municipal e hoxe tamén leva o seu nome a agrupación musical creada na súa memoria pola súa filla, Remedios Ledo Vizoso.
Que ensinanzas ofrecen?
Impártense as especialidades de vento madeira, vento metal, corda fretada, percusión e piano. Tamén linguaxe musical, formación de adultos, música e movemento, formación básica, coro, orquestra, banda, música moderna.

E os instrumentos con máis éxito entre os alumnos ou os cativos?
A verdade é que todos os instrumentos gustan moito xa que aos cativos o que lles apetece é desfrutar da música.
Cales son os valores da escola?
A escola trata de transmitir moitos valores imprescindibles para que o individuo se forme como persoa do xeito máis equilibrado posible. Por un lado os valores de tipo persoal como son o esforzo, a superación, a disciplina, a constancia, e por outro lado os valores do grupo, como a solidariedade, a socialización, o compañeirismo, o traballo en equipo, a empatía, etc.
E os obxectivos?
Pois que os alumnos atopen nela unha fonte de recursos para a súa vida cotiá, que aprendan a recibir os valores antes indicados, que se fagan persoas sensibles, cultas, respectuosas, que teñan inquedanzas, que se fixen obxectivos, e que desfruten moito coa música.
Cales son os requisitos para formar parte dela?
A nosa escola de música diríxese a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo.
Fan moitos concertos ao ano?
Arredor de 10 concertos ao ano e non sempre son na Mariña. Lembro un concerto no que tivemos o gusto de actuar con Carlos Núñez.
Fixeron algún especial?
Pois levamos varios anos celebrando un concerto de música medieval. Neses concertos asoitamos interpretar obras dende o Códice Calixtino, Martín Codax, Libre Vermell de Monserrat, Afonso X O Sabio entre outros hasta chegar a Juan del Encina.
Cre que a sociedade está involucrada coa música ou coas escolas?
En xeral si, pero aínda queda moito camiño por percorrer.
Cómo veremos a Escola de Música dentro de algúns anos?
Agardo que sigamos na liña que emprendíamos cando comezamos xa fai case 25 anos e é o de de ir mellorando cada ano un pouco máis e desfrutando do que facemos.