Entrevista: “Teño clientes que veñen todas as semanas desde que abrín”

Foz
AMariñaXa
Marina Villarino Zurita xerencia o Dermoterapia Centro de Estética en Foz desde que decidiu crealo en maio do 2008.
dermoterapia1
14 Nov 2021

Marina Villarino Zurita xerencia Dermoterapia Centro de Estética de Foz

Marina Villarino Zurita xerencia o Dermoterapia Centro de Estética en Foz desde que decidiu crealo en maio do 2008.

Marina, que te impulsou no ano do comezo da crise económica a levar a cabo este proxecto de negocio?

Pois mira eu daquela tiña tan só 24 anos, eu daquela vivía en Lourenzá e claro, cando cheguei a Foz ninguén me coñecía, pero a min gustábame e gústame a miña profesión,  e sendo tan moza decidín aventurarme. Primeiro comecei nunha entreplanta e posteriormente mudeime a dirección actual no baixo do número 1 da céntrica rúa Xoán Montes.

Teño que dicir que neste aspecto lle debo moito o meu marido, daquela xa me animou a facelo e axudoume en todo, fixo os arranxos do local, creou e montou os mobles, practicamente toda a instalación a fixo el. Eramos moi novos  e non tíñamos recursos máis que a nosa vontade de traballar. Aínda hoxe grazas o meu marido podemos ter Dermoterapia como está xa que eu como autónoma debo dedicarlle un bo número de horas ao  negocio e el fixo e fai unha importante labor no coidado dos noso fillos. Non é fácil para ningunha muller conciliar traballo e familia e se es emprendedora creo que aínda é peor.

E que tal respondeu a xente a esta iniciativa no seu momento?

Pois a verdade é que moi ben, a ver, o primeiro mes non facturara nin para pagar o aluguer, pero a raíz do boca a boca fun medrando e no verán de ese primeiro ano xa tiven que contratar a unha empregada. Desde fai 3 anos somos 3 persoas as que traballamos aquí.

Cambiou moito a demanda de servizos dos clientes?

A ver si cambiou, pero máis que o servizo en si o que cambia tamén é a tecnoloxía empregada. Penso que un pilar do nos éxito é que Dermoterapia Centro de Estética somos unha entidade que aposta moito pola innovación tecnolóxica, por exemplo,  temos un láser de díodo da marca Milesman que é do máis avanzado, co cal permite ofrecer en poucas sesións moita máis eficacia e fronte a outros aparatos láser ten un rango de peles que pode abarcar máis amplo e tamén funciona en vello máis claro, cousa coa que outros  equipos moitos clientes non terían o éxito garantido. Poder ofrecerlles os últimos e máis seguros avances aos meus clientes para min é prioritario. Xunto coa inversión en formación e reciclaxe dos empregados son unha das nosas razóns de acadar a popularidade e sobre todo fidelidade que temos. Tódolos aparatos utilizados así como as persoas que os empregamos pertencemos a Dermoterapia Centro de Estética, nunca subcontratamos traballos, para nós é fundamental dar esa seguridade ao cliente, e ao mesmo tempo tamén proximidade, temos un trato persoal da que nós sentimos orgullosos. Podo dicir que teño clientes que tódalas semanas acoden a nós desde que abrimos.

E a covid como afectou ao teu negocio?

Aproveitei para investir en tecnoloxía como che dixen pero tamén vin que cambiaron as necesidades dos nosos clientes. Penso que a xente pasou de demandar máis produtos materiais e se centra máis nos momentos, cada vez regálanse mías tratamentos que axudan a sentirse ben consigo mesmas as persoas, e tamén creo que os meus clientes desfrutan cada vez máis da visita o  centro, entes víase o paso por un centro de estética mías como un trámite para acadar uns resultados e estamos conseguindo que o momento en si sexa un momento de desfrute, onde o paciente se encontra a gusto, relaxado e vemos como cada vez máis viven o momento. A nós énchenos de satisfacción, é  o mellor recoñecemento que podemos ter como profesionais, axudar as persoas a quererse a si mesmas e que mentres se coñecen mellor pasen un momento agradable, creo que cada vez máis a nosa profesión relacionada coa estética mestura a parte física e mental. Incluso agora cada vez é máis frecuente que a xente regale vales con tratamentos do noso centro como experiencia.

Coméntanos un pouco máis polo miúdo cales son os servizos que ofertades?

O primeiro que facemos con cada novo cliente e unha primeira consulta de diagnóstico, non tódalas persoas teñen as mesmas necesidades, despois de escoitalos e saber que necesitan, pasamos a asesoralos e propoñer un protocolo individualizado, por iso nunca me canso de dicir que a proximidade, o trato persoal, escoitar o paciente e o noso profesionalismo é imprescindible se queremos ser os mellores.

Xeralmente os servizos de Dermoterapia Centro de Estética defínense polas estacións do ano. Agora mesmo estamos realizando moitos tratamentos láser e tamén tratamentos corporais de rexeneración e reafirmación. Facemos presoterapias, e no relativo ao coidado facial combinamos diatermia con ultrasóns e con tratamento en cabina tamén estamos realizando moitas limpezas de cute e eliminación de manchas solares, algo moi demandado tralo verán. Agora mesmo de cara ao Nadal temos unha campaña premiando a fidelidade dos nosos clientes habituais de Skeyndor na cal, coa compra dun cofre de Skeyndor agasallamos cun vale para o tratamento en cabina.

Despois de Nadal é frecuente que se fagan tratamentos corporais para depurar os excesos das festas. Neste sentido temos que dicir que no Centro contamos co servizo de asesoramento  en nutrición que presta Sarai de Nutre Tu Plato, as citas poden solicitarse a ela ou aquí comigo no propio centro. Parécenos un servizo marabilloso, contar co asesoramento en nutrición e que unha gran especialista nos ensine a comer dunha forma saudable e manternos ben e estables todo o ano.

Fora da temporalidade existen tratamentos que se demandan por igual todo o ano, como son as manicuras, pedicuras e o solarium. Tamén aumentou moito a demanda de depilación con fío por ser máis duradeiros os seus efectos.

Segue existindo unha tendencia maioritaria de usuarios dos servizos de estética das mulleres por riba do número de homes, ou existen variacións nesas tendencias?

En pouco tempo cambiou moitísimo, en moitos dos tratamentos que ofrecemos están equiparados en porcentaxes os dous sexos, algún dos tratamentos máis demandados polos homes e falo de tódalas idades son por comodidade e hixiene as depilacións e tamén limpezas de cute e manicuras, cada vez solicitan máis tratamentos corporais igualmente. Avanzamos moito neste senso en moi pouco tempo. De feito está a aumentarnos en xeral a demanda de clientes de tódalas idades e sexos que un dos grandes problemas que pode ter o sector é o de encontrar empregados con formación e titulación oficial que desempeñen estas tarefas.

0.16726207733154