Asociación Fuga de Viveiro: “Queremos dinamizar a vida cultural e social e crear unha comunidade unida”
Por Ana Somoza López.
A asociación Fuga presentouse na sociedade viveirense coma unha entidade sen ánimo de lucro para facer proxectos culturais e educativos.
Que é Fuga?
Fuga é unha asociación sen ánimo de lucro formada en Viveiro para levar a cabo proxectos e ideas culturais e educativas baixo unha comunidade libre de discriminación, inclusiva e respectuosa.
Son todos de Viveiro?
Non, aínda que afincados en Viveiro a nosa orixe e diversa.
Quen se atopa á fronte?
Os membros fundacionais da asociación somos Lara Buyo, Ana Corujo, Víctor García, Hilda Díaz, Iván Roel, Lucas Requejo, Óscar Fernández, Álvaro Cabarcos e Paloma Huesca. Dende o primeiro momento plantexamos Fuga coma unha asociación que traballará de forma horizontal polo que a súa estructura interna non ten importancia. Fuga é todas as persoas que queiran colaborar e apoiar as iniciativas que xurdan dunha confluencia de ideas e dinamizen a vida cultural e social do noso entorno.
Teñen local para as reunións?
Por agora reunímonos no local comercial dun dos membros. Co tempo, gustaríanos dispoñer dun local donde poder levar a cabo moitas das actividades pero tamén, pensamos que Fuga ten que estar visible para todos polo que ademáis de promover actividades ó aire libre, seguiremos colaborando con outros espazos privados e públicos.
Como xurdiu a idea de crear a asociación?
Fuga nace desde a idea fundamental de que o colaboracionismo é a maior forza impulsora para levar a cabo proxectos e actividades diversos que reflexan e identifican un sentir social. Algúns de nós propuxémonos facer realidade esta idea e por eso nace Fuga.
Porque o nome de Fuga?
Despois de valorar varias opcións para o nome da asociación, crimos que Fuga era o máis adecuado porque ademáis de transmitir movemento tamén reflexa o noso apoio a expresións artísticas menos convencionais ou minoritarias.
Que obxetivos persiguen?
Dinamizar a vida cultural e social de Viveiro e A Mariña para crear unha comunidade unida por lazos basados na empatía, a igualdade e comprometida co valor e o esforzo da autoxestión.
Quen pode asociarse?
Calquera persoa que queira axudar a potenciar e facer máis fortes eses lazos e benvida a Fuga.
Que destacan da actividade cultural de Viveiro?
Respectando a vida cultural máis institucional, que por suposto é necesaria, a nosa proposta sumaría con todo aquelo que nace desde dentro da propia comunidade para conformar así unha experiencia máis rica e diversa.
Que ámbitos de traballo teñen?
Todo o relacionado coa cultura. Entendemos que cultura pode ser un concerto ou axudar a ún artista a amosar a súa obra pero tamén é compartir coñecemento sobre calquer ámbito ou mesmo facer unha ruta en patíns.
Fixeron xa algunha actividade?
Si, o pasado 25 de febreiro no Garaje de Viveiro fixemos un evento con contacontos, exposicións, concertos e presentamos Fuga aos nosos veciños para máis adiente, convocar a toda a xente interesada a participar nunha asemblea aberta, empezar a confluír ideas e que así Fuga comece a percorrer o seu camiño.
De cara aos vindeiros meses, teñen algún proxecto en mente?
Pronto anunciaremos máis actividades coma un taller de debuxo natural, exposicións de arte en pedra e madeira, etc.