Asociación Cultural Mistura de Lieiro: “Queremos consolidar o Festival Folklórico Internacional“

AMariñaXa
Falamos con Claudio López que se atopa ao fronte da Asociación Cultural Mistura de Lieiro e que organizan o Festival Folklórico Internacional
claudio lopez mistura lieiro
11 Sep 2022

Por Ana Somoza López.

Claudio López atópase ao fronte da Asociación Cultural Mistura de Lieiro.

Quen se atopa ao fronte da asociación?

Ao frente da asociación estou eu, Claudio López, que levo desde o ano 2006 sendo presidente.

Como e cando naceu o grupo folclóriko Mistura?

Mistura naceu no ano 1982 por medio da asociación de veciños de Lieiro que tiña moitas ganas de formar un grupo folklorico.

Cantas persoas forman a asociación?

Pois ao principio, cando se formou a asociación chegou a ter 130 alumnos, pero agora mesmo contamos con 70 de distintas idades, os máis pequenos que van de 3 a 6 anos, outro grupo que vai de 6 a 10, despois esta o grupo de medianos hasta 14 anos e o grupo de adultos. Entre todos eles englóbanse os músicos e os bailaríns.

Nas súas filas tiveron membros moi destacados hoxe en día?

Pois contamos con Ricardo, que é profesor no Conservatorio de Viveiro, ou Rodrigo, que é mestre de Educación Musical en varios centros educativos da comarca. Pero ademais destes veciños, que son menos coñecidos, nas nosas filas estiveron Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, e Antonio Basanta, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica na Xunta de Galicia.

Que tipo de actividades fan?

Pois durante toda a semana impartimos clases de gaita, tambor e pandeireta, para nenos e adultos.

Ademáis do festival participamos na Festa do Ourizo de Cevo, tamén colaboramos na Maruxaina e en distintos actos que fai o Concello. Esperamos tamen en breves facer salidas por Europa como se facía antes, Mistura ten unha traxectoria amplia e visitou prácticamente toda Europa representando a España e a Cervo e sempre tivemos unha boa aceptación.

Cales son os obxectivos que perseguen?

Os obxetivos principales é manter ao grupo e sacar nenos adiante. Traballar cos nenos é o noso principal motivo e que podan chegar a bailar no noso acto central, que é o Festival.

Que proxectos de futuro teñen?

Pois dentro dos nosos proxectos de futuro temos o de consolidar o Festival Folklórico Internacional e que como dixen antes que o grupo se manteña activo.

Como se mantén unha asociación como esta?

A asociación mantense coa aportación dos alumnos, a venda de rifas e de lotería de Nadal, tamén contamos con subvencións e o Concello colabora con nós sobre todo no Festival Internacional.

Como se presenta a vindeira tempada?

Para a tempada que vén esperamos retomar o Festival Internacional que estivo parado durante a pandemia, e este é o acto máis importante que realizamos, e esperemos que siga por moitos anos. Ademais seguiramos coas clases de baile e música tradicional.

O Festival Folklórico Internacional de San Cibrao, é o acto máis importante que organizan?

Si. É un festival que se organiza dende principios dos 90 e a idea xurdiu por medio de Baldomero Iglesias que de aquela era o presidente da asociación. É un acto que congrega moita xente e ten moitos meses de traballo enriba e gustaríanos conservalo por moitos anos máis. nel participan grupos de todo o mundo como no último, o do 2019, no que estivon colectivos de Rusia, de Almería ou de Sri Lanka.

Cre que é importante a música e o baile dende pequeno?

Creo que si. Xa dende pequenos é moi importante e sobre todo hoxe en día que o baile e a música tradicional están en auxe. Ademais aos nenos venlles moi ben e ao mesmo tempo aprenden disciplina e sociabilizan entre eles e con outros grupos. Tamén hai que dicir que este tipo de actividades apréndense moi rápido e moi facilmente dende cativos.

0.1609058380127