Clemente Iglesias: “O abastecemento de auga e o saneamento son prioritarios”

TerraChaXa | AMariñaXa
Falamos con Clemente Iglesias que é rexedor de Riotorto dende o 2015. Que explica o presente e o futuro do Concello
1 clemente iglesias alcalde riotorto 2022
2 Out 2022

Clemente Iglesias é rexedor de Riotorto dende o 2015.

Clemente Iglesias naceu en 1976 en Riotorto, onde reside e traballa na administración local.

Pode facernos un balance do que vai de lexislatura?

O balance é moi positivo, levamos cumprido o noso programa electoral nun 80% quedando aínda 8 meses para que remate a lexislatura, conseguimos novos servizos para os nosos cidadáns como son dúas casas do maior, a casa niño, melloramos os accesos a varios núcleos e fixemos obras de saneamento e abastecemento en varios pobos.

Que quedaría por facer de cara a este ano?

Temos pendentes varios proxectos de mellora de camiños municipais que dan acceso a diversas parroquias, como é o acondicionamento da estrada desde Chacin a Fonfría, os accesos ao campo de fútbol, mellora de accesos en Valverde e Vilaseca, a carretera desde Santalla a LU-124, acondicionamento da estrada que vai ao barrio de Pereiro (Aldurfe), acondicionamento de varias vías en Espasande de Abaixo (desde Cruz a Hermida e desde Navallo a Hermida), Praducelo, Orrea e aglomerado do campo da festa e carreteras anexas en Galegos. Realizaremos tamén este ano obras de saneamento en todo o pobo de Galegos.

Cal é o maior proxecto que se levou a cabo no Concello dende que se atopa á fronte?

Foron varios os proxectos que se fixeron ao longo destes anos, pero pódese destacar a creación de novos servizos (casa niño, casas do maior, pista de pádel, pista multideporte) e a mellora das estradas municipais que facilitan o acceso viario os pobos. Tamén a recente aprobación do Plan Básico Municipal é moi importante para o noso municipio xa que se ordena urbanisticamente todo o termo municipal.

Que quedaría por facer de cara a este ano?

Temos varios proxectos pendentes de executar neste último cuatrimestre deste ano, no eido das infraestruturas viarias, saneamento e no eido industrial coa instalación da planta de transferencia de residuos

Que outras necesidades ten o Concello a día de hoxe?

Estamos tamén en colaboración con Adamo desplegando a fibra óptica no medio rural, actualmente temos fibra no casco urbano. Temos solicitada unha axuda á Xunta de Galicia para construír unha residencia da terceira idade de 37 prazas.

E a nivel industrial, cales son os plans municipais? No tocante ao polígono?

A nivel industrial, estamos moi enfadados coa Deputación provincial de Lugo, xa que despois de 6 anos que nos custou dispoñer de tódalas autorizacións sectoriais e permisos, e unha vez aprobado o proxecto de industrialización para facer 12 parcelas industriais, o ente provincial non quere gastar os 402.000 euros que estaban comprometidos para este polígono. A Deputación provincial discrimina unha vez máis aos veciños de Riotorto e paraliza o crecemento industrial das empresas locais.

A pandemia golpeou a todos os sectores culturais e tradicionais deixando sen actos á artesanía galega. Que pasou coa Feira do Ferro deste ano?

A Feira do Ferro é un referente na artesanía a nivel autonómico, desde o ano 2019 non se fixo este evento pola pandemia. A Feira do Ferro empézase a organizar no mes de xaneiro, e este ano estabamos cun brote importante nesa data, polo que decidimos entre a asociación de ferreiros e o Concello non facela este ano. Esperemos que para o ano 2023 se poida celebrar e poñer de novo en valor os productos do ferro que fan os artesás desde pobo.

Riotorto conta con moita actividade veciñal. Que nos pode dicir dos locais sociais? Hai algún plan de mellora ou acondicionamento?

A verdade é que si, neste municipio temos máis de 15 asociacións de veciños que dinamizan as actividades culturais das parroquias. O Concello reparte cada ano 12.000 euros entre estas asociacións para financiar actividades culturais e deportivas. O longo destes anos fóronse acondicionando diversos locais sociais que existen nos pobos coas axudas que concede a Xunta a través da Dirección Xeral de Administración Local, na actualidade 4 asociacións desfrutan desta axuda para acondicionar estes locais onde se realizan actividades de ximnasia de mantemento, manualidades, cursos de informática... que son organizadas polo Concello e as asociacións.

A Feira do Ferro é un referente na artesanía a nivel autonómico, desde o ano 2019 non se fixo este evento pola pandemia.

O Mazo de Ferreiravella é un lugar emblemático do municipio. En que punto está a oferta de explotación?

Na actualidade estamos analizando dúas ofertas de explotación e esperemos que para o ano 2023 estea en funcionamento a explotación da área recreativa. As visitas ao Mazo estanse realizando na actualidade, previo aviso ao Concello.

Un dos temas máis polémicos do ano foi a planta de residuos de Aldurfe. Como se atopa este tema?

A planta de transferencia de residuos vaise facer nas inmediacións da estrada LU-122 nunha parcela que adquiriu o Concello e que cedeu a Sogama e que se atopa preto da Cruz da Cancela no termo municipal de Riotorto. A ubicación inicial que se plantexou en Aldurfe quedou descartada.

O ano pasado creáronse dúas casas do maior e unha residencia. É importante para Riotorto e para o rural este tipo de servizos?

Si, para nós eses novos servizos son prioritarios e están sendo demandados polos veciños. As casas do maior están hoxe ocupadas nun 80% e a residencia da terceira idade esperemos que sexa unha realidade nos vindeiros anos. Estamos priorizando moitos recursos no coidado da xente da terceira idade, non só nestes servizos senón tamén no servizo de axuda a domicilio. Na actualidade temos 20 auxiliares de axuda no fogar que van polos domicilios prestando este servizo, que conta con máis de 90 usuarios.

Traballouse no abastecemento de auga ás parroquias. Cales foron estes traballos?

Ο abastecemento de auga e o saneamento é prioritario para este Goberno. Fixemos diversas melloras nos depósitos municipais de auga de Teixeiro, Moxueira e Aldurfe. Melloramos as traídas de auga de O Rego (Órrea), Santalla e Espasande de Abaixo. No tema do Saneamento, aínda existen moitos pobos que non dispoñen deste servizo, que é gratuíto para os veciños. Recentemente realizamos obras de saneamento en Mundín-Hortobello, Santa Marta de Meilán, Chacín, Lamas-Vilaseca e Vale. Neste ano quedará rematado o saneamento no pobo de Galegos.

santa comba de orrea riotorto 768x402
clemente iglesias alcalde riotorto 2022
plan basico municipal riotorto
visita presidenta emigrados cuba riotorto
0.20906400680542