Pilar Villajo, O Feitizo de Foz: "Hai que promover a nosa cultura xa que é o que nos une como galegos"
Por Ana Somoza López.
Falamos con Pilar Arias Villajos, presidenta e profesora da Agrupación Folclórica O Feitizo de Foz
Falamos con Pilar Arias Villajos, presidenta e profesora da Agrupación Folclórica O Feitizo de Foz.
Canto tempo leva no cargo?
Eu son presidenta dende fai un ano e fun vicepresidenta durante 7 anos.
Cantos membros ten O Feitizo?
Pois agora mesmo temos arredor dos 50, pero é que son tempos difíciles por mor da pandemia. Nos anos anteriores sempre tivemos arredor dos 100 socios.
Canto tempo leva funcionando a asociación?
O Feitizo creouse no ano 1973 como unha asociación chamada Amigos das Artes, no que se impartíanse clases de pintura. No ano 1983 con 20 anos e recién chegada de Lugo, donde bailaba en Cantigas e Frores, en Arume, e Meigas e Trasgos de Sarria comecei a miña andaina na Agrupación Folclórica O Feitizo.
Que tipo de actividades realizan?
Impartimos clases de baile galego, gaita, percusión e pandeireta, así como baile moderno para adultos e pequenos. Os mestres son Javier Bossa, como profesor de gaita, e eu de baile tradicional e moderno.
Como ve o baile tradicional?
Agora exisiten un montón de actividades as que asistir e o baile galego comeza a ser a última opción, por iso para este vindeiro ano estamos pensando en facer algún espectáculo, do que non podo falar moito aínda, para promover a nosa cultura, cousa que vexo importante que todos coñezamos, xa que é o que nos une como galegos, a cultura. No Feitizo procuramos reinventarnos constantemente.
Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?
Por mor da pandemia sufrimos as baixas dun montón de xente así como ao estar sen traballar e coa incertidume do que facer. Tamén fixemos uns papeis para facerse socio colaborador e así axudar á asociación, tendo dereito de chamarnos para actuacións de maneira totalmente gratuíta.
Facedes ou contades con algunha actividade máis?
Pola miña parte persoal, estiven e estou a facer unha colección de bonecas de porcelana vestidas de galegas e feitas a man por min e que visten réplicas dos traxes dos nosos bailaríns.
Contades con local de ensaio?
Durante a pandemia os locais do Concello estaban pechados de modo que decidín alquilar un local para poder impartir as clases, e durante o verán seguimos dando na rúa baile moderno. Xa despois dende o Concello cedéronnos provisinalmente algún pavillon pero non é apto pois o son e a acústica son terribles.
Participaron en festivais?
Actuamos por diversos puntos de Galicia ao longo do ano así como noutros lugares de España e Portugal. Xa fai anos actuamos no XVI Festival de Folclore de Siero María Campos e todos os anos repetimos nos Domingos Folclóricos de Portomarín dende 1984, así como con outras agrupacións da comarca participamos na rodaxe da peza audiovisual de Boyanka Kostova, Muinheira do Interior, gravada no porto de Morás.
Como deben poñerse en contacto?
Se alguén esta interesado en contratarnos para unha exposición, actuación ou simplemente para pedir información, que non dúbide en contatar con nós mediante as redes sociais ou no noso local ubicado no antigo bar O London.
Que proxectos ten de cara ao futuro?
Nós estamos sempre facendo proxectos pero temos que contar coa xente, e e parece que estanse animando a volver as actividades e a vida social.
Como é a relación coa administración?
Non é precisamente o ano que máis axudas recibimos supoñemos que por mor da pandemia e que houbo que repartir entre todos os afectados.