Protectora Animais de Burela: “Cada vez son máis as persoas afíns a adoptar en vez de comprar”
Por Ana Somoza López.
Voluntarios da Asociación Protectora de Animais Bigotes de Burela.
Bigotes naceu fai case 10 anos, cando unha serie de persoas de idades dispares decidiron poñer o seu tempo libre, e moitas veces o resto do día tamén, a servicio dos que non teñen nada: os animais que por diferentes motivos son abandoados. “Tíñamos clara a idea de axudar, de atacar dalgunha maneira aquela inxusticia do abandono, e comezamos a movernos para atallala. Ó principio dun xeito un pouco máis inocente, crendo que poñendo moito esforzo no que facíamos poderíamos cambiar as cousas… e non podemos dicir que cambiásemos o mundo, pero sí cambiamos o mundo dos peludos que pasaron polas nosas mans”, din.
Cal é a situación actual?
Agora mesmo seguimos traballando para que o día a día dos animais que temos o noso cargo sexa o mellor posible. Temos un equipo de voluntarios comprometido con esta labor e marcándonos obxectivos a curto prazo podemos ir planificando as nosas rutinas. Aínda que nestas labores nunca sabes qué che vai deparar o día, pois en calquera momento temos un aviso e hai que sair atendelo. Non é que nos corresponda a nós facelo, xa que hai organismos oficiais que están obrigados a facelo, pero no 90% dos casos non queda máis remedio que ir nos mesmas. E iso pasa indistintamente un día laborable que un festivo de madrugada. Por outro lado, é certo que non temos a sabresaturación que sofren outras protectoras, en gran parte pola axuda que recibimos de casas de acollida.
Que problemas tedes?
O principal problema da protectora leva sendo o mesmo dende fai anos. A carencia dun espazo axeitado como protectora, un recinto preparado para acoller ós animais de xeito ordeado, unhas infraestructuras que non sexan catro paredes facendo a función de gaiola para os gatos…
Actualmente estamos a traballar co Concello de Burela na creación deste espazo, e agardamos poder disfrutalo á maior brevidade posible, xa que levamos anos arrastrando carencias. Por outro lado, ás veces as esixencias do traballo que realizamos fai que parte do voluntariado se desencante. Gústanos adicarlle horas, que os animais que temos acollidos non se sintan sos... Ás veces este é un traballo malinterpretado, pois ós cans hai que sacalos si ou si a facer as súas necesidades, a pasear e socializar, e iso non entende de chuvias.
Cantos animais hai agora mesmo?
Na actualidade temos varios peludos o noso cargo, sendo os gatos o maior número. Como decía antes, a zona habilitada como gatera non deixa de ser unha xaula grande, moi grande, pero é un lugar estresante para os felinos, co que intentamos sempre que atopen casas de acollida. Cos cans tamén pasa, por suposto, tamén necesitan liberdade e espazo para movemento. E si son territoriais, que na maioría dos casos adoitan selo, temos que delimitar ese espazo como podemos. Aínda que agora mesmo só temos cans e gatos, chegamos a ter hámsteres e coellos.
Canta xente está no proxecto?
Neste momento somos 9 persoas de diferentes idades adicando o noso tempo a Bigotes. A maioría da xente compaxina o seu traballo coa protectora, adicando tempo antes ou despois de ir traballar a cumplir cos turnos. Chegamos a ser 12, pero tamén houbo temporadas de ser 4.
Cómo é o día a día da asociación?
Facemos 2 turnos diarios de cans e dous para gatos, un pola mañá e outro á noite. Hai moitas cousas que facer nunha protectora, non é só chegar e botarlles de comer. Esforzámonos por pasar tempo con eles, porque por desgraza, e a falta dun fogar no que lles dean amor, só nos teñen a nós durante unhas horas diarias. Intentamos pasar con eles o maior tempo posble, pasear, xogar, darlles agarimos... tamén hai que limpar as instalacións, levar un control de recursos coma penso e areas. E iso os días que non hai algún aviso e temos que deixar moitas veces os nosos postos de traballo para atendelos. Ademais traballamos durante todo o ano o método CES coas gatas da rúa. Atrapámolas, esterilizámolas e, salvo que estén nun mal estado de saúde, devolvémolas ás súas colonias. Esto último é tan importante como o resto, xa que ó contrario do pensamento popular, un gato non está ben na rúa. Hai moitas enfermidades que poden acabar con colonias enteiras en cuestión de días, e outras veces son veciños dunha zona ou outra ós que lles molesta que haxa gatos. Traballamos para reducir o máximo posible esa reproducción descontrolada e sacar da rúa cantos máis gatos, mellor. Xa non falemos dos trámites burocráticos cos que nos toca bailar día sí e día non.
Como é o verán con respecto ó abandono de animais?
Sinceramente nesta zona non podemos decir que o verán sexa máis problemático no sentido de abandonos que outras épocas do ano. Abandonos, por desgracia, vémolos durante todo o ano, pero esa idea de familia se vai de vacacións e tiran ó can ou ó gato á rúa non é o máis habitual aquí. Non polo verán, xa que iso ocorre tamén de primavera e inverno. Quizáis o peor do verán é que hai unha explosión de camadas, cadelas e gatas dan a luz durante estas datas e, sin ir máis lonxe, este ano tivemos varias camadas que sacar adiante. Cachorros que debían estar alimentados polas mamás, algúns que nin abrían aínda os ollos, metidos en caixas de cartón e abandonados á súa sorte. Por sorte temos voluntarias que elevan o esforzo ó máximo e sacrifican ata horas de sono para darlle biberón ós bebés que outros desalmados deixaron na rúa.
Cales credes que poden ser algunhas posibles solucións?
Moitas veces temos a sensación de que si non hai sancións económicas, hai xente á que lles da igual todo. A xente ten que darse conta de que toda acción ten unha repercusión detráis. Ter animais soltos, sexa nunha zona de edificios ou nun campo, sin un control veterinario, e peor aínda, sin castrar, só vai repercutir nunha creación de colonias que á mínima se vai descontrolar. Vimos como unha parella de gatos terminaron por convertirse en 15, moitos enfermos. Coidar deles non é só alimentalos. Dalgunha maneira queremos que a xente teña empatía polos seus peludos, que non vexan unha solución en abandoar cachorros en caixas de cartón e que outros se coman o problema. Crear campañas puntuais parece que non sirve de moito, non obstante, sí temos unha crenza firme en que falando cos máis novos das casas, a mesaxe cale fondo. Tivemos oportunidade de facer algunhas charlas en colexios.
Hai máis concienciación con respecto á adopción?
Lamentablemente segue habendo persoas que pensan en comprar antes que en adoptar. Por outro lado, cada vez parece que son máis as persoas afíns a adoptar. Moitas veces seguen con esa idea de ter un determinado can, unha raza concreta, ou un gato con un pelaxe específico, e non se dan conta de que nas protectoras de todo o mundo hai cans e gatos con moitísimo amor que dar. Así que, se estades pensando en ampliar a vosa familia, pensade sempre neses pobres animais que viven en gaiolas, cheos de amor para quen lles queira dar unha nova oportunidade na vida. Eses animais maiores dos que se cansaron porque foron un capricho e xa non os queren, que viviron toda a vida cunha familia e pasan os seus últimos días nas protectoras, eses cans que seguen sendo novos aínda que teñan xa un tamaño adulto, parecen invisibles moitas veces.