Acia Burela: "Burela ten unha posición xeográfica envidiable e un casco urbano moi consolidado"

AMariñaXa
Falamos co novo presidente de Acia Burela. Ignacio Andia, que aterriza na asociación con moita ilusión e ganas de facer proxectos.
acia burela nova directiva 2021 2
27 Xuño 2021

ACIA Burela é unha asociación de comerciantes, industriais e autónomos que cre firmemente na necesidade de unir esforzos e que conta cunha nova e renovada directiva.

Por Ana Somoza López.

Falamos co seu presidente Ignacio Andia, propietario de Azos Consumibles, que aterriza na asociación con moita ilusión e ganas de facer proxectos.

Cantos membros forman a nova directiva?

Somos setes persoas, Elías Docabo, vicepresidente, Marcelino Andía, tesoureiro, Sandra Palmeiro, secretaria, e Rebeca García, Piedad Alonso e Óscar Coldeira, son vogais, e máis eu.

Como se decidiu a coller as rendas de Acia?

Pois no mes de xuño, tras estar en funcións a directiva anterior, houbo unha asemblea solicitando o cambio de membros da directiva que xa levaban moito tempo. E como as condicións da pandemia parecían favorables para poder arrincar a nivel xeral o comercio, plantexouse así o cambio.

Levou tempo formar a nova dirección da asociación?

Si que levou un tempo, pois hai que falar con xente, hai que buscar, pensar a quen lle gustaría formar parte, e sobre todo convencelos. O normal nestes procesos.

Que obxetivos ten Acia?

Aínda estamos asentándonos e non nos puidemos reunir coa corporación municipal. Temos moitas ganas de facer cousas pero temos que ver que é o que hai e con que recursos podemos contar. O que queremos é ir pouco a pouco e tentar facelo tan ben como a directiva anterior. Pero é un tempo complexo e levaranos uns meses asentarnos e ver de que humor está a xente.

Como foron estes meses de pandemia?

Pois para o comercio en xeral foi complicado, a incertidumbre de poder abrir ou non, de que protocolos aplicar, a falta de seguridade á hora de saír á rúa, o medo ao virus... todo isto limitou moito aos negocios. Pero afortunadamente todo nos comportamos mellor do que pensabamos e podemos seguir traballando.

A xente implicouse máis co comercio local?

Si, evidentemente. Temos a sorte de que os veciños das vilas e concellos de arredor veñen a mercar a Burela e evidentemente eso notouse moitísimo, pero cando puidemos volver abrir vimos que aínda seguían contando con nos.

Notouse o turismo neste pouco tempo de verán?

De momento si, pero aínda ten que chegar o forte do verán. O turismo será fundamentalmente nacional polos datos que temos. Nótase moito o aumento de xente no verán e sempre agradécese moito que veña xente da provincia.

Burela conta con moitas festas e eventos durante o verán que axudarán ao comercio?

Si, e agradécense moito todos estes eventos porque traen xente pero ao estar entrando na directiva aínda non somos moi conscientes das datas, da magnitude deles e do tempo, é unha cousa que aínda nos intimida moito. E que coa situación coa que estamos hai que ir vendo como xurde todo.

Contan con axudas por parte do Concello?

A día de hoxe polo que temos observado doutros anos si que hai algún acordo de colaboración, o que ocurre que aínda temos que valorar e facernos unha composición de lugar. Pero a partir de ahí comezaremos a facer cousas.

Que é o mellor de mercar en Burela?

Burela o que ten é unha posición xeográfica envidiable e temos un casco urbano moi consolidado. Contamos con diferentes comercios de todos os sectores, é dicir, non é unha vila sin máis, senón que contamos cunha moi boa densidade de poboación, de comercios e servizos.

ignacio andia rubio acia burela presidente 2021
0.19008612632751