Entregan os premios de fotografía do imPulsaFoz

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
Entregan os premios de fotografía do imPulsaFoz. Os agasallos consisten nun primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros
19 Dec 2020

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente da Acia local, José Carlos Paleo, entregaron os agasallos polas fotografías subidas ás redes sociais dentro do programa #imPULSAFOZ.

Do sorteo realizado entre as imaxes subidas ás redes sociais diante dos murais instalados saíron premiadas Vicky Varela Varela e @rosangelacreativa. Os agasallos consisten nun primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros en vales de compra, que poderán gastar nos comercios asociados á Acia focega.

O rexedor municipal Foz agradece a participación e anima a facer o gasto das compras do Nadal no comercio local: “Nunhas datas tan entrañables e despois da que estamos pasando é hora de fixarse nas pequenas tendas que rexentan as nosas veciñas e veciños e esquecernos un pouco das grandes plataformas dixitais”, manifestou Fran Cajoto.

0.17896103858948