Entregan os premios da XXXIV Semana Náutica de Ribadeo

AMariñaXa
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, participou na entrega de trofeos da XXXIV Semana Náutica, organizada polo Real Club Náutico de Ribadeo
entrega-premios-Semana-Náutica
19 Ago 2024

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, participou na entrega de trofeos da XXXIV Semana Náutica, organizada polo Real Club Náutico de Ribadeo. O rexedor felicitou aos gañadores das regatas, animounos a seguir participando en vindeiras edicións e a gozar da ría e da súa contorna.

Vega apostou pola colaboración mutua entre Concello e RCNR para a organización de diferentes actividades. Deste xeito, do 3 ao 17 de agostou o municipio foi escenario da XXXIV desta cita que aglutinou o XI Trofeo Mar Cantábrico Ribadeo, o V Trofeo Ría de Ribadeo, o XXVI Trofeo Deputación de Vela Tradicional, o XVIII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica e o XXV Trofeo Concello de Ribadeo entre outros.

0.12628793716431