Entregan os premios da XVIII edición do Ribadeo de Tapeo

AMariñaXa
Fíxose entrega dos galardóns aos establecementos gañadores e ás persoas consumidoras, así como tamén recibiron os diplomas todos os locais participantes nesta convocatoria
ENTREGA-DE-PREMIOS-RIBADEO-DE-TAPEO
Entrega dos premios
22 Maio 2024

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu o acto de entrega de premios da XVIII edición do Ribadeo de Tapeo. Por unha banda, fíxose entrega dos galardóns aos establecementos gañadores que foron para O Parador de Ribadeo (primeiro premio do xurado profesional), Ramonita (segundo premio do xurado profesional), El Oviedo (terceiro premio do xurado profesional e premio á tapa + sostible), Taberna gastronómica Kalpa Amodiño (mención especial á tapa mais atrevida) e Restaurante Marinero (premio do público 2024).

Tamén se entregaron os diplomas de participación a tódolos establecementos participantes nesta nova edición. As persoas consumidoras tamén recibiron os respectivos premios pola súa participación no concurso. Resultaron gañadoras Begoña Docobo, José Fernando, Marcos Paleo, Belén Machado, Rodrigo Fernández, Rocío e Arturo Iglesias. Tamén levaron premio Nuria Nonide, Patricia Pena Saray Murias, Noemi Fernández, José Antonio, Sofía Rodríguez, Clara Fernández, Aitor Díaz, Azucena Amor, Rubén Vilar, Mariña Rodríguez, Lucio Guillermo, José Manuel García, Alfredo Palomo, Inés e José Manuel Pérez.

0.18866515159607